APRENDENDO

lunes, 10 de mayo de 2010

Viches esta película?

Baseada na novela de Khaled Hosseini.
Nun país dividido ao bordo da guerra civil, dous nenos, Amir e Hassan, están a piques de separarse para sempre. Numerosas cometas, que participan nun torneo infantil, crúzanse no intenso azul do ceo de Kabul. Pero logo de gañar o torneo, a traizón dun neno atemorizado porá en marcha os mecanismos dunha catástrofe... e o comezo dunha procura épica da redención. Agora, logo de 20 anos vivindo en Estados Unidos, Amir regresa a Afganistán, a pesar do perigo que supón o implacable goberno dos talibán, disposto a enfrontarse cos escuros segredos que lle perseguen e a reparar o dano que fixo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio